Este sábado, 8 de maio, no concello de A Mezquita, unhas 25 persoas sairán a camiñar polo tramo entre A Portela da Canda e A Vilavella, nun percorrido fixado para a recollida do lixo no Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade mezquitesa.
E é que o Concello de A Mezquita organizou para esa data unha "ecoandaina", nomeada como O Camiño no Tempo, na que se conxuran ambas actividades: exercicio e ecoloxía.
A iniciativa, que partirá de A Portela ás dez da mañá, pretende involucrar aos veciños no adecentamento do tramo mezquités do camiño de Santiago, e máis reunir a xente coas mesmas inquedanzas.
Ao efecto de realizar a laboura de limpeza prevista, o propio Concello facilitará aos participantes luvas e sacos para o lixo. Finalizará o percorrido na Vilavella, onde se ofrecerá un petisco ó rematar, no Bar On.