domingo. 19.07.2026
Denuncian a redución de frecuencias e o empobrecemento do servizo ferroviario

O PP ourensán pide a reprobación do ministro Óscar Puente polo “abandono sistemático” do tren na Gudiña

04/09/2025 El ministro de Transportes y Movilidad Sostenible, Óscar Puente, comparece, a petición propia, en la Comisión de Transportes y Movilidad Sostenible, en el Congreso de los Diputados, a 4 de septiembre de 2025, en Madrid (España). Durante la comparecencia, ha informado de las últimas novedades del sistema ferroviario tras un verano de varias incidencias en los servicios de alta velocidad por los incendios o incidencias técnicas en el material rodante.
ECONOMIA 
Matias Chiofalo - Europa Press
O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, durante a súa comparecencia na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible no Congreso dos Diputados.

O grupo provincial do Partido Popular presentará ao pleno da Deputación de outubro unha moción na que pide a reprobación do ministro de Transportes, Óscar Puente, instando ademais ao Goberno central á reposición das paradas na estación da Gudiña e á elaboración dun plan de atención urxente aos viaxeiros. 

A portavoz do grupo provincial do PP, Patricia Torres, critica a “acreditada e manifesta incapacidade” de Óscar Puente á fronte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, afeando os seus “permanentes comportamentos indignos e impropios dun ministro respecto da provincia de Ourense”.

Os populares defenderán no pleno provincial a necesidade de que se rectifique a decisión do Goberno central de suspender as frecuencias na estación daGudiña, pasando de 56 a 41 semanais. “Esiximos que o ministro Puente non siga dicindo que a situación é mellor agora, xa que o aumento do número de prazas de tren débese ao aumento dos convois novos que están dotados de máis asentos”, sinala Patricia Torres.

A portavoz destaca que o servizo non mellorou, senón que “se empobreceu”, ao eliminar as paradas “máis efectivas e importantes para o desenvolvemento da comarca”, insistindo no “abandono e desleixo sistemático” do Goberno de Sánchez co mantemento das infraestruturas ferroviarias na provincia.

Atención ás persoas vulnerables e por causas sanitarias

A moción do grupo provincial do PP tamén instará ao Goberno á artellar medidas de actuación con atención inmediata ás persoas vulnerables e ás que se despracen por motivos de atención sanitaria, tal e como repetiu en varias ocasións a Asociación contra o Cancro, pola dificultade de poder acceder a tratamentos, ao aumentar o custo de desprazamento e aloxamento para persoas con poucos recursos e a molestia de ter que permanecer longo tempo fóra dos seus fogares.

O PP ourensán pide a reprobación do ministro Óscar Puente polo “abandono sistemático”...