sábado. 12.10.2024
A participación na Mezquita estivo cerca do 80 por cento. | FOTO: M. Ceballos.
A participación na Mezquita estivo cerca do 80 por cento. | FOTO: M. Ceballos.

O Sergas acaba de facer públicos os datos de participación nos cribados organizados nos concellos da Mezquita e da Gudiña. No caso do primeiro, foron 312 as persoas que pasaron polo seu pavillón polideportivo das 400 citadas, o que sitúa a participación nun 78 por cento. 

Cribado en A Gudiña.Polo pavillón polideportivo da Gudiña pasaron esta tarde 364 das 500 persoas que estaban citadas. | FOTO: M. Ceballos.

Na Gudiña estaban convocadas 100 persoas máis (500), e pasaron a realizar a oportuna PCR 364, o que coloca a porcentaxe de participación no 72,8 por cento.

Os resultados e os novos positivos, no caso de habelos, coñeceranse este xoves

Cualedro e Vilardevós, os concellos que suben en casos activos

Só os concellos de Vilardevós e Cualedro anotan un caso activo máis en cada unha das súas contas particulares. Neste último, o Sergas informou este mércores de seis persoas diagnosticadas da Covid - 19. Verín segue anotando negativos e son só oito os casos activos rexistrados. 

Un 78 por cento dos veciños da Mezquita citados acudiron ao cribado do Sergas