jueves. 25.04.2024
O parlamentario socialista Eduardo Ojea.
O parlamentario socialista Eduardo Ojea.

O parlamentario socialista Eduardo Ojea pesentou unha pregunta oral á conselleira de Infraestruturas, Ethlel Vázquez, no Pleno do Parlamento de Galicia para reclamar que poñan en marcha as obras de mellora da estrada OU-533 que une A Gudiña e A Rúa. Esta vía de comunicación, asegurou Ojea, correspóndese coa "saída natural de Valdeorras ata Portugal, Madrid ou Vigo", de aí a importancia das melloras.

O socialista salientou que esta estrada é clave “tanto para os valdeorreses como para os nosos veciños do Bierzo”, pero tamén nas comunicacións coa estación de AVE da Gudiña, co que “o incremento na mobilidade por dita estrada fai que necesite dun arranxo importante. Ojea engade que “por enriba de todo, dende Viana ata A Gudiña, o trazado necesita dun terceiro carril polo perigo que implica, con curvas continuas e sen beiravía ao longo dos 10 quilómetros que separan das dúas localidades”.

As obras nesta estrada contribuirán "ao reequilibro territorial dos municipios da súa influenza ante a posta en servizo da nova estación do AVE”, ademais de quesuporá a mellora das comunicacións dos concellos da zona oriental de Ourense con Madrid pola A-52 e tamén coa fronteira portuguesa. Por último, Ojea alertou da “falla de resposta” da administración diante dunha necesidade perentoria “na que todos estamos de acordo”.

NOTICIAS VIANA | O PSdeG reclama o inicio das obras na estrada que une A Gudiña e A Rúa