viernes. 26.04.2024
Veciños da Gudiña acoden á reunión informativa sobre a creación da Aldea Modelo do Seixo.
Veciños da Gudiña acudiron á reunión informativa sobre a creación da aldea modelo do Seixo.

Arredor dunha vintena de veciños da Gudiña mantiveron unha reunión coa directora xeral de Agader -Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-, Inés Santé, na que se lles animou a implementar a aldea modelo do Seixo, que poñería en valor arredor de 36 hectáreas de terreo, distribuídas en 225 parcelas de 77 propietarios

No perímetro desta figura, que ten por obxectivo dinamizar núcleos de poboación con actividade agraria rendible, estarían incluídos bens culturais como a capela e o pazo da localidade. Con este modelo, daríaselle de novo produción á terra en estado de abandono ou infrautilización.

A directora xeral de Agader abondou nas vantaxes que supoñen as aldeas modelos sinalando que "están a contribuír xa en varias zonas de Galicia a fixar poboación grazas á xeración de actividade económica, apostando polos usos agrícola, gandeiro e forestal, segundo máis conveña en cada caso. Tamén se avanzaría na anticipación aos incendios forestais ao funcionar como devasa natural fronte aos lumes".

Agora, ao estar nas mans da veciñanza por tratarse dun instrumento voluntario, precisa do apoio dun grupo de propietarios que posúan, en conxunto, cando menos, o 70% do perímetro afectado. De aprobarse, o vindeiro chanzo pasaría por acondicionar a zona para proceder posteriomente á posta en marcha da actividade económica escollida.

NOTICIAS VERÍN | A Gudiña estuda a posibilidade de que O Seixo se converta en aldea modelo