viernes. 19.04.2024
C.P.I. Laureano Prieto da Gudiña.
C.P.I. Laureano Prieto da Gudiña.

O Concello da Gudiña vén de anunciar un novo programa que permitirá a conciliación da vida laboral, familiar e persoal durante o vindeiro curso escolar 2021/2022. Farao a través dun novo servizo de acollida, o 'Servizo Alborear', no que os dos cativos escolarizados no C.P.I. Laureano Prieto poderán acudir ás instalacións de 08:00 a 10:00, dúas horas antes do inicio do día lectivo.

Durante este horario os nenos e nenas estarán ao coidado do persoal do Centro de Información á Muller realizando actividades lúdicas e de entretemento. Para solicitar este servizo, as familias deben poñerse en contacto coa casa consistorial da localidade no teléfono 988 594 006 ou co CIM no 988 209 009, momento no que se realizará a inscrición dos cativos. 

NOTICIAS VERÍN | A Gudiña favorecerá a conciliación familiar durante o vindeiro curso...