miércoles. 09.10.2024
567a2ede-d063-442b-b0f1-d0056f64f2bc
Colmeas en Bousés, Oímbra.

A Consellería de Medio Rural vén de anunciar a impartición dun curso sobre o manexo do apiario e a identificación e tratamento de enfermidades que afectan ás abellas, orientado aos veciños da Gudiña que estean vinculados profesionalmente coa agricultura, gandaría, industria alimentaria ou coa cadea forestal-madeira. Tamén aos mozos do rural galego con expectativas de incorporación ao sector.

Este curso, programado pola Agacal e impartido pola Oficina Agraria Comarcal, terá lugar os vindeiros luns e martes, 25 e 26 de outubro, no edificios multiusos da localidade. O total de horas lectivas é de seis, tres cada día, entre as 10:00h e as 13:00h.

O obxectivo é que os participantes adquiran coñecementos necesarios para un correcto manexo e tratamento das colmeas, así como para identificar as principais pragas que poidan danar o cultivo de mel. Así, a Agacal pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal a nivel técnico como económico mediante cursos coma este. 

NOTICIAS VERÍN | Veciños da Gudiña aprenderán técnicas de manexo, protección e...