miércoles. 09.10.2024
Casa do Concello da Gudiña.
Casa do Concello da Gudiña.

O Concello da Gudiña vén de anunciar, a través dun bando, que as persoas de 12 ou máis anos que, por calquera circunstancia, non recibiran a vacina e estean interesados en facelo, poden realizar unha solicitude na casa consistorial da localidade.

Para isto, deberán presentar unha copia do Documento Nacional de Identidade –ou un documento equivalente- e o seu número de teléfono para poder ser notificados. Unha vez realizado o trámite, serán citados para a inoculación.

Segundo comunican, esta medida é extensible a calquera persoa que o desexe, independentemete da súa cobertura sanitaria, procedencia ou situación administrativa.

NOTICIAS VERÍN | A Gudiña abre a súa ‘autocita’ para maiores de 12 anos que estean sen...