viernes. 26.04.2024
O Concello da Gudiña publicou esta semana un bando no que se limita o consumo só para uso doméstico.
O Concello da Gudiña publicou esta semana un bando no que se limita o consumo só para uso doméstico.

Algúns veciños da Gudiña abren as billas da casa e moitas veces non ven saír auga delas. A situación de seca estalles afectando, pero non a todos por igual. Alba Sabina Ogando, concelleira do PSOE no municipio, explica que "estes cortes ocorren desde fai un par de semanas e, mentres unhas persoas poden regar os xardíns, outros non a teñen para emprego doméstico. Non se controla o seu uso"

Ante esta situación, o venres 29 de xullo trasladáronlle un escrito ó alclade, José María Lago, para que tomase medidas para o control da auga. Esta semana, o Concello decidiu actuar coa publicación dun bando no que se prohibe o seu uso para actividades que non sexan domésticas. Regar xardíns ou hortas, lavar os coches ou baldear, non está permitido. O PSOE da Gudiña critica que isto non se cumpriu de todo, sendo o Concello o primeiro en non facelo. "Publicaron o bando e logo tiñan o regadío da piscina municipal funcionando", conta Ogando.

Esta situación de falta de suministro non é nova na Gudiña. Segundo a concelleira socialista, nos últimos veráns xa se teñen dado situacións como a actual e por iso lle pediron ó Concello que programase esta posible continxencia no mes de xuño. "Non fixeron nada e isto é agora un descontrol, no que hai xente sen auga na casa para o básico", apunta Ogando.

Os socialistas pediron un plan preventivo xa que, co cambio climático, as choivas son cada vez menores e os veráns máis cálidos, polo que repercute no suministro de auga. "O que se debería facer é poñer un límite de consumo e o que se pase, que pague unha sanción", engade Ogando. A socialista tamén critica que non se houbesen aproveitado as obras do AVE para arranxar os depósitos e así evitar que sufran perdas parciais ou case completas de auga.

NOTICIAS VERÍN | Unha parte dos veciños da Gudiña queda sen auga pola falta de control