jueves. 25.04.2024
Fachada gañadora do concurso "Fachadas e balcóns Navideños" da Gudiña o pasado ano. | FOTO: Concello A Gudiña.
Decoración gañadora do concurso "Fachadas e balcóns Navideños" da Gudiña o pasado ano. | FOTO: Concello A Gudiña.

Logo do éxito acadado o pasado ano, o Concello da Gudiña abre o plazo da segunda edición do concurso de decoración navideña de balcóns e fachadas. Unha idea que xurdiu a raíz da pandemia co obxectivo de recuperar a ilusión da veciñanza do municipio nestas datas festivas e incentivar o sentimento de comunidade entre todos os seus habitantes. E vaia se o conseguiron, 45 participantes nunha primeira edición.

Dende a Oficina de Información Xuvenil, María Martínez Ballesteros explica que "o xurado estará formado por tres persoas que non son do municipio, co obxectivo de que a súa decisión sexa neutral e xusta ó non poder recoñecer as fachadas ou locais que participen no concurso". Poderán participar persoas a título individual, ademais dos locais e comercios dos 13 pobos do municipio, que decoren os seus balcóns, fachadas ou portais.

"Imos polos pobos facendo fotos das decoracións participantes no concurso e, despois, dámosllas ós membros do xurado para que elixan a gañadora sen poder saber de quen é", afirma María Martínez. Iste ano, o prazo para presentarse ó concurso amplíase ata o 31 de decembro. Haberá dous premios para as fachadas elexidas. A gañadora recibirá unha caixa de viño e un xamón, mentras o segundo premio consistirá nun xamón.

concurso balcóns 2021 gañador 02
Francisco Páez, gañador do Primeiro Premio na edición do concurso do ano pasado. | Foto: Concello da Gudiña.

 

Na edición do 2021 a fachada gañadora foi a decorada por Kiko e Carmen, da Gudiña, co aliciente de que todos os elementos utilizados estaban feitos por eles mesmos. O segundo premio foi para a fachada realizada por Laura Rodríguez, do Tameirón. Dende o Concello da Gudiña recoñecen estar moi satisfeitos do resultado da iniciativa; "o ano pasado houbo 45 participantes", nos cuenta Martínez Ballesteros, "algúns pais díxeronnos que, en vez de ir a Vigo, fixeron un percorrido cos seus fillos polos pobos do municipio para ver as decoracións que se fixeran"

Unha iniciativa municipal que implicou a toda a veciñanza na ilusión de converter os seus pobos nun punto de referencia nestas datas navideñas. "Pensamos que é un xeito de potenciar o rural, non fai falla ir ás cidades para ver unha bonita decoración navideña", continúa María Martínez. Dende a casa consistorial xa publicaron bandos en todos os pobos para estimular a participación da maior cantidade de veciños. "Temos moita xente maior que non está nas redes e queremos que participen todos", afirma Martínez.

A Gudiña abre o prazo do seu concurso "Fachadas e balcóns Navideños"