domingo. 19.07.2026
Ata o 4 de agosto, por cada tícket de compra poderase gañar unha das 20 tarxetas de 50€

"Merca no teu comercio" sortea 2000 euros en premios na Gudiña e en Viana

20250611 Merca no teu comercio Ourense, presentación campaña
A campaña é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.

A campaña "Merca no teu comercio" botaba a andar o pasado 11 de xuño co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos de proximidade e dinamizar a economía local. Agora chega a Viana do Bolo e á Gudiña co sorteo de 1000 euros en premios en cada localidade. Posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, terá unha duración de 15 días.

Ata o vindeiro 4 de agosto, a clientela do comercio local poderán rexistrar os seus tíckets de compra nas webs da súa localidade para participar no sorteo. Os premios consisten en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser gastadas de novo no comercio local. Ademais, os propios establecementos poden rexistrar as compras dos seus clientes a través da mesma plataforma, duplicando as opcións de gañar.

Podes consultar os establecementos que participan na campaña nestas ligazóns: MercaNoTeuComercioAGudiña e MercaNoTeuComercioVianaDoBolo. Nelas tamén podes ver as bases e rexistrar os teus tíckets de compra para optar aos premios. O sorteo realizarase o vindeiro 5 de agosto, e a entrega dos premios ás persoas afortunadas terá lugar o venres 8 de agosto na Praza Maior de Viana do Bolo, ás 19:30 horas. 

"Merca no teu comercio" sortea 2000 euros en premios na Gudiña e en Viana