
20:56 do 30 de xaneiro de 2022
Ás 17,46 horas desta tarde quedou extinguido o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia do Tameirón, que se iniciaba en dous focos ás 10,40 horas desta mañá e que afectou, segundo as últimas estimacións, unha superficie de 60 hectáreas, das cales 45 son de raso e as 15 restantes de arborado. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba, 1 helicóptero e 1 avión.
Nas tarefas de extinción participaron bombeiros forestais con base na BRIF de Laza.
Después de utilizar tendido de manguera, ataque directo con batefuegos y mochilas extintoras y contrafuego #Brif Laza nos vamos del incendio de A Gudiña. (Y así arde en enero...) pic.twitter.com/ueTP1e1yR3
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) January 30, 2022