miércoles. 01.05.2024
El acusado abusó de la menor en un bar que regentaba en A Gudiña. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Vista da Gudiña, onde reside o acusado. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Un home de 27 anos, veciño da Gudiña, ingresou o pasado venres na prisión provincial de Pereiro de Aguiar acusado de cometer un suposto delito de abuso sexual cunha menor de idade, segundo adianta este martes La Voz de Galicia na súa edición de Ourense. Aínda que o auto xudicial polo que se acordou privar de liberdade ao sospeitoso é de hai apenas uns días, os feitos polos que figura como investigado remóntanse ao pasado mes de marzo.

Foi a principios dese mes, durante a celebración dos entroidos, cando o suposto agresor mantivo un encontro sexual coa adolescente, de 13 anos. Ambos son do mesma contorna familiar e durante unha madrugada desas festas o adulto ofreceuse para ir recoller á rapaza, que saíra de noite. Foi na viaxe de volta a casa cando, segundo trascendeu, o varón podería ter proposto á menor manter unha relación sexual, á que accedeu a adolescente. 

 

Pouco tempo despois, a menor acabou confesándolle os feitos á súa familia, que decidiron interpor denuncia na Garda Civil. Inicialmente o home, de 27 anos, negou o ocorrido afirmando que nunca se dera un encontro sexual. 

Quedou en liberdade pero, por pouco tempo, o que tardaron os axentes do Instituto Armado en recuperar unhas gravacións que proban a existencia do encontro íntimo entre o home e a rapaza de 13 anos. 

O xuíz non dubidou en envialo a prisión logo das peticións de Fiscalía e acusación particular. 

 

Ingresa no cárcere un veciño de 27 anos da Gudiña acusado de ter relacións cunha menor...