Xoves. 28.03.2024
Casa do Concello da Gudiña.
Casa do Concello da Gudiña.

Novos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde para o día de hoxe. O caso máis significativo de aumentos deuse, nesta ocasión, no municipio da Gudiña que logo das festas de San Bartolomeu, conta cun gromo de alomenos tres persoas da mesma unidade familiar. Os contaxiados totais do concello son nove, cinco máis que no día anterior.

A nosa comarca, estable

Por outra banda, na nosa comarca reina a estabilidade. Os concellos de Cualedro e Verín rexistran a baixada de dous positivos cada un, o que os deixa con 5 e 39 casos respectivamente. O resto de municipios non varían e os datos xerais quedan do seguinte xeito:

  • Verín: 39 (-2)
  • Cualedro: 5 (-2)
  • Laza: 5
  • Riós: 3
  • Monterrei e Oímbra: 2
  • Castrelo do Val: 1
  • Vilardevós: 0

CORONAVIRUS VERÍN | Un gromo familiar tralas festas de San Bartolomeu dispara os casos...