sábado. 20.04.2024
Cartel do magosto popular na Gudiña.
Cartel do magosto popular na Gudiña.

O día de San Martiño, o 11 de novembro, está cada vez máis preto e moito son os concellos que o festexarán con magostos durante toda esta fin de semana. A Gudiña é un deles e terá este venres unha cita ineludible para a súa veciñanza, que non a deberían perder.

O Concello organiza o magosto popular na Praza Maior da Gudiña a partir das 20:00 horas, no que non faltará nada. Os veciños do municipio poderán participar de xeito gratuíto nesta festa na que haberán chourizos, panceta, costela e castañas asadas. A diferenza doutros magostos, no caso da Gudiña non será preciso pagar por unha entrada ou anotarse previamente.

 

Dende o Concello animan a toda a veciñanza a participar neste evento festivo para "pasar un bo rato". Non moi lonxe deles, na Mezquita tamén se festexará o magosto ese mesmo día a partir das 16:30 horas, no que haberá concursos e moita diversión.

O Concello da Gudiña organiza un completo e gratuíto magosto popular para os veciños