Xoves. 28.03.2024
Bases do concurso de postais de Nadal da Gudiña.
Bases do concurso de postais de Nadal da Gudiña.

O Concello da Gudiña quere facer partícipe aos cativos da época festiva que está por vir no vindeiro mes, polo que convoca unha nova edición do concurso de "Postais de Nadal" na modalidade de debuxo.

Os participantes dividiranse en tres categorías. A primeira será de Infantil, con nenos de 1º a 3º de preescolar; a segunda será de Primaria, para cativos de 1º ata 6º curso; e por último unha de Secundaria, para calquera rapaz que estude na ESO. Ao concuso pode sumarse calquera alumno do colexio Laureano Prieto e os menores censados no Concello da Gudiña.

As postais deberán conter un desexo ou felicitación escrita en castelá ou en galego, segundo escolla o participante, e presentaranse en tamaño DIN A5, empregando calquera material para os debuxos ou a confección da postal. As postais entregaranse no Concello da Gudiña ou na conserxería do C.P.I Laureano Prieto antes do 1 de decembro.

O gañador de cada categoría levará unha "tablet" e todos os participantes recibirán un agasallo, que se entregarán no colexio da Gudiña. Ademais, escollerase unha das postais presentadas para imprimir e felicitar o Nadal a toda a veciñanza.

O Concello da Gudiña convoca un ano máis o concurso "Postais de Nadal" para cativos