![Imaxe tomada dende o interior dun vehículo no que se aprecia o semirremolque dun camión provocando retencións en sentido Santiago.](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/diariodotamega/images/2020/03/02/2020030211445196812.jpg)
2 de marzo de 2020, 12:46
Un grupo de avisos de como se atopa o estado das estradas fainos chegar unha imaxe das primeiras complicacións pola neve na autovía A-52 á altura dos concellos ourensáns de A Gudiña e A Mezquita. Neste caso, na imaxe apréciase como o conductor dun tráiler perdeu o control pola copiosa nevada rexistrada dende as dez da mañá e acabou facendo tesoura en sentido Santiago, provocando as primeiras retencións na autovía.