viernes. 19.04.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | Colisonan dous vehículos na N-525 e un deles acaba nunha leira

Sen consecuencias persoais graves, dous vehículos veñen de colisionar, hai uns intres, na N-525 á altura do número 120 de Pazos. Un redactor do Diario do Támega circulaba pola mesma vía poucos minutos despois de ter sido o sinistro, ó redor das 13 horas. Na intersección que vai cara VIlaza, o primeiro vehículo permanecía parado á espera de poder xirar; foi nise intre cando o condutor do segundo vehículo implicado no accidente non a viu, non freou e impactou co turismo parado alcanzándoo por detrás.

O impacto foi tal que, o turismo que permanecía parado no STOP, saiu voando ata unha leira fóra da estrada nacional. Logo da chegada do Diario do Támega, chegaron os vehículos dos servicios sanitarios, de Conservación de Estradas e da Garda Civil. A conductora do primeiro vehículo foi asistida polos servicios sanitarios no lugar do accidente por mor dunha leve conmoción que, en principio, non reviste gravidade. 

Accidente Pazos 20230202 (6)
1 / 7

Así quedou o turismo logo de impactar co outro vehículo alcanzándoo por detrás. | FOTO: Xosé Lois Colomenero.

Accidente Pazos 20230202 (2)
2 / 7
Accidente Pazos 20230202 (1)
3 / 7
Accidente Pazos 20230202 (3)
4 / 7
Accidente Pazos 20230202 (7)
5 / 7
Accidente Pazos 20230202 (4)
6 / 7
Accidente Pazos 20230202 (5)
7 / 7
NOTICIAS VERÍN | Colisonan dous vehículos na N-525 e un deles acaba nunha leira