miércoles. 17.06.2026
Verín

FOTOGALERÍA | As imaxes do día no que Diario do Támega recolleu o seu Carracedo de Xornalismo

A Deputación de Ourense celebrou este mércores 17 de xuño a entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, unha das distincións máis prestixiosas da comunicación galega, creada para honrar a memoria do histórico xornalista ourensán e para recoñecer a excelencia profesional no ámbito dos medios de comunicación.

O acto estivo presidido polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, quen destacou a vixencia dun galardón que alcanza xa as súas trinta e cinco edicións e que continúa recoñecendo os valores fundamentais do oficio xornalístico: o rigor, a honestidade, a investigación e o compromiso coa cidadanía.

Durante a súa intervención, Menor reivindicou o papel esencial dos profesionais da comunicación nun contexto marcado pola inmediatez e a proliferación de contidos sen contrastar, defendendo a importancia dun xornalismo que informe con responsabilidade, espírito crítico e vocación de servizo público. “Nun mundo cada vez máis acelerado, máis dixital e máis condicionado pola inmediatez, necesitamos seguir defendendo o valor da información veraz, do contraste dos feitos e do espírito crítico. E nesa tarefa, os xornalistas continúan desempeñando un papel fundamental”, reivindicou o presidente provincial.

Paco Sarria, premio honorífico á traxectoria profesional

O Premio Honorífico á Traxectoria Profesional foi concedido a Francisco Xosé González Sarria, unha das voces máis recoñecidas do xornalismo galego e referente da información de proximidade en Ourense.

A súa carreira profesional, desenvolvida ao longo de máis de corenta anos, abrangue medios como Ondas Galicia, COPE, TVG, Radio Miño-Onda Cero, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, a axencia EFE ou El País. Ademais, desempeñou un destacado labor na defensa da profesión desde o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, do que foi decano durante oito anos.

No seu discurso de agradecemento, Paco Sarria reivindicou o papel do xornalismo local e advertiu dos riscos derivados da desinformación e da proliferación de contidos que non responden aos estándares profesionais do oficio.

O premiado defendeu o denominado “xornalismo de quilómetro cero”, aquel que permanece pegado á realidade máis próxima e que é capaz de atopar “o lado máis humano e solidario da actualidade”, así como a necesidade de preservar a honestidade, a pluralidade informativa e o uso da lingua galega como vehículo de comunicación.

Diego Freire reivindica a independencia dos medios alternativos

O Premio ao Mellor Traballo Xornalístico, dotado con 4.000 euros, recaeu en Diego Freire Fernández, de Noticias Dispersas, polo documental “Quen contamina a Limia”.

O xurado destacou a calidade dunha investigación centrada nun asunto de gran relevancia social, valorando tanto o seu rigor informativo como a súa capacidade para trasladar cuestións complexas dunha maneira clara e accesible para a cidadanía.

Durante a súa intervención, Freire quixo compartir o galardón con Alfonso Cid e coa emisora Radio Liverdade, colaboradora no proxecto, e aproveitou para reivindicar a independencia dos medios alternativos e a necesidade de avanzar cara a modelos economicamente sostibles que permitan desenvolver un xornalismo libre de condicionantes externos.

O premiado subliñou tamén a importancia de situar a saúde das persoas por enriba de calquera outro interese e defendeu a capacidade dos medios independentes para contribuír ao debate público desde perspectivas complementarias ás dos grandes grupos de comunicación.

O valor do xornalismo de proximidade

O accésit ao segundo mellor traballo, dotado con 1.000 euros, foi concedido a Xosé Lois Colmenero Fernández, do Diario do Támega, polo traballo “Ourense baixo o lume: compromiso, risco e resultado.

O xurado recoñeceu o labor desenvolvido por este medio de proximidade no seguimento dos incendios forestais e a súa capacidade para informar desde o territorio mantendo unha perspectiva crítica e rigorosa sobre os asuntos que afectan á veciñanza.

Na súa intervención, Colmenero destacou que recibir un premio que leva o nome de Xosé Aurelio Carracedo supón unha grande responsabilidade e reivindicou a importancia dos medios locais como expresión dun xornalismo próximo á realidade diaria das persoas.

O xornalista definiu este recoñecemento como unha homenaxe ao conxunto dos medios de comunicación de proximidade, “modestos pero indispensables”, que desenvolven o seu labor directamente sobre o territorio e manteñen un contacto permanente coa realidade social das comarcas.

Un premio consolidado

O Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo” constitúe unha das iniciativas máis consolidadas da Deputación de Ourense no ámbito da comunicación, contribuíndo desde hai tres décadas e media á promoción do xornalismo de calidade e ao recoñecemento dos profesionais que exercen o oficio con rigor, independencia e compromiso coa sociedade.

Nesta edición, os discursos dos tres galardoados coincidiron nunha mesma idea: a necesidade de seguir fortalecendo un xornalismo próximo, honesto e comprometido coa realidade das persoas, especialmente nun contexto no que a información veraz resulta máis necesaria ca nunca.

Carracedo-2
1 / 73

FOTOS: Noelia Caseiro

Carracedo-3
2 / 73
Carracedo-4
3 / 73
Carracedo-5
4 / 73
Carracedo-6
5 / 73

Xosé Lois Colmenero, Paco Sarria e Diego Freire, os galardoados nesta XXXV edición dos Premios Carracedo de Xornalismo.

Carracedo-7
6 / 73
Carracedo-8
7 / 73
Carracedo-9
8 / 73
Carracedo-10
9 / 73
Carracedo-11
10 / 73

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez.

Carracedo-12
11 / 73
Carracedo-13
12 / 73
Carracedo-14
13 / 73
Carracedo-15
14 / 73
Carracedo-16
15 / 73
Carracedo-17
16 / 73
Carracedo-18
17 / 73

Paco Sarria recibiu o premio a toda unha traxectoria xornalística de catro décadas.

Carracedo-19
18 / 73
Carracedo-20
19 / 73
Carracedo-22
20 / 73
Carracedo-23
21 / 73
Carracedo-24
22 / 73
Carracedo-25
23 / 73
Carracedo-26
24 / 73

Diego Freire, premiado polo seu documental "Quen contamina a Limia?".

Carracedo-27
25 / 73
Carracedo-28
26 / 73
Carracedo-29
27 / 73
Carracedo-30
28 / 73
Carracedo-31
29 / 73
Carracedo-32
30 / 73

Entre os asistentes estaba a deputada provincial e exalcaldesa de Vilardevós, Eva María Pérez Gamote.

Carracedo-33
31 / 73

O noso director, Xosé Lois Colmenero, dirixíndose ao público asistente en presencia de Luis Menor Pérez.

Carracedo-34
32 / 73
Carracedo-35
33 / 73
Carracedo-36
34 / 73
Carracedo-37
35 / 73
Carracedo-38
36 / 73
Carracedo-39
37 / 73
Carracedo-40
38 / 73
Carracedo-41
39 / 73
Carracedo-42
40 / 73
Carracedo-43
41 / 73
Carracedo-44
42 / 73
Carracedo-45
43 / 73
Carracedo-46
44 / 73
Carracedo-47
45 / 73
Carracedo-48
46 / 73

Ao acto tamén asistiu o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Carracedo-49
47 / 73
Carracedo-50
48 / 73
Carracedo-51
49 / 73
Carracedo-52
50 / 73
Carracedo-53
51 / 73
Carracedo-54
52 / 73
Carracedo-55
53 / 73
Carracedo-56
54 / 73
Carracedo-57
55 / 73
Carracedo-58
56 / 73
Carracedo-59
57 / 73
Carracedo-60
58 / 73
Carracedo-61
59 / 73
Carracedo-62
60 / 73
Carracedo-63
61 / 73
Carracedo-64
62 / 73
Carracedo-65
63 / 73
Carracedo-66
64 / 73
Carracedo-67
65 / 73
Carracedo-68
66 / 73
Carracedo-69
67 / 73
Carracedo-70
68 / 73
Carracedo-71
69 / 73
Carracedo-72
70 / 73
Carracedo
71 / 73
Carracedo-2-2
72 / 73

Ao equipo do Diario do Támega, quixérono acompañar a deputada provincial Eva María Pérez Gamote, e a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo.

Carracedo-73
73 / 73

Anabel García Simón, Xosé Lois Colmenero e Noelia Caseiro, do equipo de Diario do Támega.

Comentarios
FOTOGALERÍA | As imaxes do día no que Diario do Támega recolleu o seu Carracedo de...