viernes. 19.04.2024

Monterrei

VÍDEO | O investimento privado súmase ao público para o aproveitamento cultural e turístico do Castelo de Monterrei

Un proxecto para a rehabilitación de catro vivendas destinadas a turismo rural. É unha das ideas beneficiarias das achegas dos Fondos Leader, promovida por Aurora Carrasco -e que nos presenta o seu marido Abel Afonso, un dos empresarios máis coñecidos da comarca-.

 

Agora, dan o salto ao sector hoteleiro e convértense, xunto coas achegas do sector público para rehabilitar os accesos e a propia fortaleza de Monterrei, nun dos principais inversores privados que desexan explotar todas as oportunidades que ofrece a zona. Algo así como un Saint-Michel galego, seguindo coa comparación que no seu día fixo o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Comentarios
VÍDEO | O investimento privado súmase ao público para o aproveitamento cultural e...