Evento
AXENDA | Narración oral e música danse a man en Viana do Bolo
15/7/26
12:00
Casa da Cultura, Viana do Bolo.
13 de julio de 2026, 18:08
A Casa da Cultura de Viana do Bolo recibirá o vindeiro mércores, 15 de xullo, o espectáculo "Contos e Melodías da Galicia Máxica", unha proposta de narración oral acompañada de música. A actividade terá lugar ás 12:00 horas.
A iniciativa está organizada polo Concello de Viana do Bolo, en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia e a Xunta de Galicia, dentro do programa "Ler conta moito".
