lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Festas da Asunción en Cepedelo

13/8/25 a 16/8/25
Cepedelo, Viana do Bolo

Cepedelo (Viana do Bolo) celebra as súas Festas da Asunción ao longo de catro días, do 13 ao 16 de agosto, cunha programación de actividades para todas as idades e todos os gustos: campionato de tute, bingo popular, actuacións musicais, torneo de bolos e rá, carreira de cintas, fútbol e inchables acuáticos para a cativada.

Sen esquecer que, en Cepedelo a gastronomía é parte fundamental das súas festas; haberá concurso de tortillas, chocolatada, xantar popular, macarronada, queimada e, como non, a súa Festa do Caldo.

A aldea habitada máis alta de Galicia convida a todas as persoas a achegarse á montaña ourensana para vivir unha experiencia inolvidable. Disfrutar da gastronomía máis auténtica, da música e dos xogos populares, e ser testemuña do incansable espírito dunha aldea que, con corazón e dedicación, está volvendo a escribir a súa historia. Podes consultar aquí a programación:

20250813 Festas da Asunción Cepedelo, Viana do Bolo

 

Comentarios