domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Máis de 30 actividades para celebrar o Nadal en Verín

30/11/24 a 7/1/25
Verín
Luces Nadal 2023 Verín (33)

O Nadal chega a Verín cunha completa programación que inclúe máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización comercial, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.

Programa completo Nadal 2024 en Verín 


Novena da Inmaculada: Igrexa de Santa María a Maior, Verín, 19:00 h. Ata o 8 de decembro.
Do 30 de novembro ao 8 de decembro, terá lugar na parroquia de Santa María a Maior de Verín a Novena en honra á nosa Nai, a Virxe no misterio da súa Inmaculada Concepción. Haberá misa rezada ás 09:00 h con Novena e pola tarde ás 19:00 h, Santo Rosario seguido da Novena e Misa Solemne con predicación. Nos días festivos, os horarios serán ás 09:00, 12:00 e 19:00 h.

Cinema en Verín: Salón de Actos de Verín, fins de semana de decembro. As entradas poderán adquirirse 30 minutos antes de cada sesión. Prezo: 5 €.

  • 1 de decembro: Bufalo Kids e A Infiltrada.
  • Do 6 ao 8 de decembro: Xurado nº2 e Robot Salvaxe.
  • Do 13 ao 15 de decembro: Raqa e Harold e o lápis máxico.
  • Do 20 ao 22 de decembro: Red One.
  • Do 27 ao 29 de decembro: É o inimigo? e A película de Gila e Superklaus.


Exposición "Pintura y tinta" de Pedro Castro. Do 5 de decembro ao 7 de xaneiro de 2025 na Sala de Exposicións Municipal. Horario de luns a venres: 12:00 a 14:00 h | 20:00 a 21:30 h. Excepto festivos: Noiteboa, Nadal, Noitevella e Ano Novo.

Mostra do pintor Pedro Castro Couto, un recoñecido artista cuxa obra combina cerámica, óleo, acrílico e plumilla. A súa paixón pola historia e a arqueoloxía reflíctese nas súas creacións, con leccións visuais sobre culturas como a castrexa, greco-romana e medieval.

II Gala do acordeón. 5 de decembro, Casa da Cultura, 20:00 h.
Doce acordeonistas, de diversas idades e niveis, deleitarannos coas súas habilidades individualmente e en conxunto, para interpretar cancións características deste instrumento. Organiza: Sons do Mestre Miro e Academia a Tempo. Colabora: Concello de Verín.


Feira de Nadal. Do 6 ao 8 de decembro. Praza García Barbón, venres: 16:30 a 21:00 h | sábado: 11.00 a 14.00 h | 16.30 a
21.00 h | Domingo: 11.00 a 14.00 h | 16.30 a 20.00 h.
Venres 6
● 16:30 - 19:00 | Obradoiro de doces de Nadal
Sábado 7
● 12:00 | Actuación da Coral de Verín
● 16:30 - 19:00 | Obradoiros temáticos e decoración de cartas de Papa Noel
● 17:00 - 19:00 | Tarde Máxica con Papá Noel: recollida de cartas no seu stand
Domingo 8
● 12:00 | Espectáculo musical Aldeas de Nadal, de Nelson Quintero
● 16:30 - 19:00 | Obradoiros temáticos de Nadal
● 19:30 | Entrega diplomas participación a expositores
● 19:45 | Entrega premio ao mellor stand e Sorteo dunha cesta de Nadal
 

Evento solidario DINA Valencia: "Disculpa si te presento como que no te conozco" . 7 de decembro no Auditorio, 20:30 h. *Entrada Solidaria 8 € en ataquilla.com
"Disculpa si te presento como que no te conozco" é o resultado de tres anos de creación. Reflicte a maneira de coñecer Miguel e Pablo, dous corpos que xogan coa simetría, a duplicidade e a ambigüidade para compoñer imaxes sorprendentes, diálogos acrobáticos e escenas oníricas. Ao conectar con diferentes emocións configuran unha obra que ten un significado particular para cada persoa e para que o espectador poida facer a súa propia versión e descubrir a través da danza e do circo a dualidade “quen é o outro – quen son eu”. Coprodución: Valencia-León. Miguel Barreto e La Pequeña Victoria Cen.
*O recaudado será doado a Valencia para contribuír as labores de reconstrución das zonas afectadas pola DINA.


Belén da Viruca. Do 8 de decembro ao 6 de xaneiro. Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior. De luns a venres polas tardes e fins de semana en horario de mañá e tarde. O tradicional Belén da Viruca é un dos máis emblemáticos do sur da provincia de Ourense. Inclúe decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles e unha infinidade de escenas típicas da tradición relixiosa e galega, sen esquecer aspectos de actualidade.


Festividade da Virxe da Inmaculada. 8 de decembro, igrexa Parroquial de Verín. Santa Misa e Novena ás 09:00, 12:00 e 19:00 h.
 

Monólogo Leo Bassi: "Yo, Mussolini". 14 de decembro. Auditorio de Verín, 21:00 h.
Leo Bassi volve posicionar fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que loitou sempre por unha vida máis solidaria e humanista. “Yo, Mussolini” é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante de “Yo, Mussolini” é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor.
Entradas: ataquilla.com

Obradoiro de Coroas Florais. 15 de decembro. Pavillón Municipal de Verín, de 10:00 a 14:00 h.
Obradoiro temático de Nadal organizado en colaboración coas florerías de Verín; realizándose esta segunda edición coa floraría Florciñas. A iniciativa busca non só celebrar a temporada festiva elaborando os nosos propios adornos, senón tamén dinamizar o comercio local. Inscrición 20 euros, no propio establecemento Florciñas (Av. de Portugal, 52, 32600 Verín).


Teatro "O auto de Castromil". 15 de decembro. Auditorio de Verín, 19:30 h. Entrada de balde.
Este espectáculo de Produccións Teatrais Excéntricas, gañador do III Certame de Proxectos Teatrais Manuel María, presenta unha viaxe onírica en transporte público pola Galiza inconsciente, mesturando humor, rebeldía e tradición a través das obras de Manuel María. Cun elenco destacado —Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez—, a obra xa foi recoñecida con dous Premios María Casares e nominada aos Premios Max
 

Campaña comercial AEVER "Os 6000 de Verín". Ata o 27 de decembro
A campaña "Os 6.000 de Verín", que busca incentivar as compras en Nadal, estará en funcionamento ata o 26 de decembro. O sorteo terá lugar o 27 de decembro. Os clientes deberán cubrir as papeletas polas compras realizadas e introducilas nas caixas de correos dalgún dos 110 locais participantes. Os premiados poderán trocar os cheques por compras.
Máis info en: "Os 6000 de Verín"


Ludonadal. Desde 23 decembro ao 7 de xaneiro. Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 09,00 horas ata as 14,00
horas, e dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas. Sábados, de 09:00 a 14:00 h.
Servizo municipal de ludoteca dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. O obxecto desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Máis información: Oficina Municipal de Información Xuvenil, (Casa da Xuventude), T. 988 414 776.


Gala de Ximnasia Rítmica. 14 de decembro no Pavillón municipal, 11.00 h.
A Escola de Ximnasia Rítmica dependente da área de Deportes do Concello de Verín, convídanos á exhibición, que con motivo das festas do Nadal realizarán as alumnas de Ximnasia Rítmica. Un espectáculo que fará que pequenos e adultos poidan gozar dunha magnifica exhibición deportiva.

Espectáculo familiar "O Apalpador e a nena sen medo" de A Xanela do Maxín. 20 de decembro. Salón de Actos da Casa da Cultura, 18:00 h. Entrada de balde.
O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.


Concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Verín. 20 de decembro. Auditorio Municipal de Verín, 20:00 h.
Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Verín con repertorio clásico e de Nadal.


Concerto Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. 21 de decembro. Auditorio Municipal de Verín, 20:30 h.
No comezo de 2024, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre publican o seu novo disco, “Axúdame a sentir” , o que será o cuarto da súa carreira en conxunto. Con este álbum, e tras case 10 anos de traxectoria e máis de 350 concertos, continúan traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres das aldeas do país.


Teatro "Yallah-Yallah" (La Caja de Pandora). 22 de decembro. Auditorio Municipal de Verín, 19:00 h. Entrada 5€
Yallah-Yallah é unha comedia adaptada en galego do filme dos anos oitenta "Bajarse al moro", que a súa vez foi unha adaptación da obra de teatro homónima de José Luis Alonso de Santos. Yallah-Yallah conta a historia de dous primos hippies que conviven cun policía nun piso dun barrio de Madrid dos anos 80, cando baixarse ao moro estaba á orde do día. “Yallah-Yallah” é unha expresión de ánimo que ben podería traducirse por “veña, veña”, así que todos ao teatro Yallah- Yallah!


Misa do Galo. 24 de decembro. Misa tradicional de Noiteboa na igrexa Parroquial de Verín, 00:00 h

Pasarrúas temático de AEVER. 24 de decembro. Pasarrúas temático coa participación de Papa Noel, música e reparto de caramelos. Actividade de Dinamización do Comercio Local.


Concerto de Nadal Nova Era "A un paso dos dez". 28 de decembro. Auditorio Municipal de Verín, 18:30 horas. Entradas: ataquilla.com
A Banda de Gaitas Nova Era volve un ano máis ao Auditorio Municipal de Verín para ofrecer o seu xa tradicional concerto de Nadal. Nesta ocasión, ás portas de comezar as celebracións do seu décimo aniversario, a banda preparou este concerto baixo o título "A un paso dos dez";. Será unha cita moi especial na que interpretarán unha recompilación de pezas que mesturan diferentes estilos musicais: ritmos galegos, melodías doutros países ou incluso cancións pop ben coñecidas polo público. Como vén sendo habitual, Nova Era sorprenderanos co seu repertorio. 

Panxoliñas na Residencia de Anciáns Santa María, Coral de Verín. 31 de decembro. Residencia de anciáns Santa María, 10:00 h.


Gala de Nadal de AEVER. 2 de xaneiro. Pavillón dos Deportes, 17:30 h.
O evento, conducido pola actriz Isabel Risco, contará coa participación do Mago Teto, a polifacética Sue Moreno e a actuación musical de Cé Orquestra Pantasma. Esta gala familiar promete unha tarde chea de humor, maxia e música para todos os asistentes.

Os Bolechas, Cantares de Reis. 3 de xaneiro. Auditorio Municipal de Verín, 18:00h. Entrada de balde.


Visita dos Reis Magos á Residencia de Anciáns Santa María. 4 de xaneiro.
 

Gran Cabalgata dos Reis Magos. 5 de xaneiro. A partir das 17:30 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello.
As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello (se as condicións climáticas o permiten).

Comentarios