domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | O Conservatorio de Verín prepara unha gala de Nadal con moitas sorpresas

20/12/24
20:00
Auditorio de Verín.
Concerto Nadal CMUS Verín 2023 (16)
O alumnado do CMUS ofreceu entrañables actuacións no concerto de Nadal o ano pasado. | FOTO: Noelia Caseiro.

O concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Verín vén con moitas sorpresas este ano. Un espectáculo que nin Papá Noel quere perder e xa confirmou que asistirá á gala para desfrutar da música e repartir agasallos, unha iniciativa da ANPA do CMUS que quere darlle un detalle a todo o alumnado.

Ao longo da gala escoitarase música de Nadal e panxoliñas interpretadas polos seus 75 alumnos e alumnas en grupos de cada instrumento e cantadas polo seu coro. Ademais, actuarán a Banda de Música e a Minibanda.

José Luis Tielas convida a asistir a toda a veciñanza a un evento para o que o alumnado do Conservatorio de Música leva preparándose moito tempo: "Están moi ilusionados, é un momento máxico de convivencia da comunidade educativa: profesorado, pais e nais, familias e alumnado".

 

A Gala de Nadal do Conservatorio será o venres, 20 de decembro, ás 20:00 horas no Auditorio de Verín. 

Comentarios