Evento
AXENDA | ADEGA organiza dúas charlas sobre minaría e incendios forestais en Verín
A asociación ADEGA organiza o ciclo Encontros sobre Ecoloxismo en Verín, con dúas sesións de entrada libre na Casa da Cultura de Verín ás 20:30 horas.
A primeira terá lugar o mércores 10 de xuño baixo o título "Minaría: Negocio Privado, Dano Público", cunha palestra de Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, sobre os proxectos mineiros que avanzan en Galicia e as súas consecuencias sociais, económicas e ambientais para as comarcas.
A segunda sesión, o mércores 17 de xuño, será unha mesa redonda titulada "Lumes, a Pegada da Destrución", moderada por Ánxeles Sierra, secretaria de ADEGA-Monterrei, e contará con José Rodríguez Gayoso (Comunidade de Montes do Navallo), Roi Juan López Muriel (brigadista), Manuel Alfonso Araújo (responsable de Protección Civil de Verín), Ramsés Pérez (coordinador de voluntariado ambiental post-incendios de ADEGA), Carmen García Fernández(presidenta de ADEGA-Monterrei) e unha persoa afectada polos incendios forestais.
Ademais, ata o 16 de xuño pódese visitar no Parque da Alameda de Verín a exposición "ADEGA. 50 anos coidando a terra".

