domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | A 'Gran Queimada' das festas de Castrelos de Cima súmase á defensa do tren

7/9/25 a 9/9/25
Castrelos de Cima, O Riós

Castrelos de Cima (O Riós) acolle as súas festas na honra á Virxen dos Remedios, que se celebran os días 7, 8 e 9 de setembro de 2025. A programación festiva contará con pasarrúas e verbenas, pero o punto álxido terá lugar na madrugada do martes ao mércores coa 52ª edición da Gran Queimada, que este ano adquire un carácter reivindicativo.

A histórica celebración, que durante máis de medio século mantivo viva a maxia popular, súmase este ano á reivindicación cidadá pola defensa do tren. Organizada pola asociación cultural Os Queimas, a 52ª Festa da Queimada súmase á voz da plataforma Dereito ao Tren, que continúa a súa loita pola restitución de horarios e frecuencias ferroviarias. A veciñanza encherá as rúas con personaxes tradicionais como meigas e bruxas, mentres que a temática principal da noite será a defensa do tren, coa presenza de membros da plataforma para recoller sinaturas.

A Festa da Queimada é un dos grandes símbolos da cultura galega e, nesta edición, demostra que a tradición pode ser un altofalante para as demandas sociais. Dende a asociación Os Queimas fan un chamamento á cidadanía galega: "Queremos que esta Queimada sexa máis ca unha festa: unha mostra de unión, compromiso e amor pola nosa terra. A tradición galega está viva cando serve tamén para defender os nosos dereitos"Velaí o completo programa de actos que teñen preparados:

20250907 Festas Castrelo de Cima

 

Comentarios