domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Ciclo de Teatro na rúa do Riós, cultura ao aire libre en Cortegada

19/9/25
19:30
Cortegada, O Riós
20250919 Teatro na Rúa aldeas O Riós 02

O II Ciclo de Teatro na Rúa comeza a súa andaina e convida a toda a veciñanza de Riós a gozar da cultura en plena rúa. Unha iniciativa xa consolidada no municipio, que inicia a súa programación este venres, 19 de setembro, cun primeiro evento na parroquia de Cortegada.

A partir das 19:30 horas, a aldea converterase en escenario para acoller as actuacións da Banda de Gaitas do Riós e de Namarella Teatro, que se unirán para ofrecer un espectáculo pensado para todas as idades. A cita en Cortegada é unha ocasión perfecta para gozar do talento de artistas locais nunha contorna próxima e familiar. 

Con este ciclo de eventos, o Concello de Riós busca dar vida ás aldeas e achegar a música, o humor e as emocións a todas as persoas que residen no rural. Unha mostra do compromiso coa cultura e coa comunidade que convida a toda a veciñanza a apoiar a vida cultural e social das nosas aldeas.

Comentarios