lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Primeiros folións do Entroido 2025 na bisbarra

7/2/25 a 8/2/25
A Rasela, Laza, Matamá, Castro, O Tameirón.

Primeira fin de semana do Entroido 2025 chea de folións por toda a bisbarra. Imos poder gozar ao ritmo dos bombos e dos chocallos o venres e o sábado en A Rasela (Verín), Laza, Matamá e Castro (Laza) e no Tameirón (A Gudiña). Velaí datas e horarios.

Venres, 7 de febreiro

  • A Rasela (Verín): a partir das 20:30 horas.
  • Laza: a partir das 23:00 horas comeza o primeiro folión dende o fondo da Cerdeiriña. Baixo o lume dos fachóns percorrerán as rúas ata Cimadevila.

 

 

Sábado, 8 de febreiro

  • Matamá (Laza): a praza do Cruceiro acollerá o primeiro dos folións do Antroido da aldea lazá a partir das 23:00 horas. Os Bombeiros de Vences serán os encargados de animar a troula.
  • Castro (Laza): os folións en Castro saen "cando teñen que saír", así que se queres gozar da súa festa terás que visitar a aldea e deixarte sorprender polas súas tradicións.
  • O Tameirón (A Gudiña): a partir das 20:00 horas dará comezo o desfile da XXII Xuntanza de folións que reunirá a 7 folións chegados dende distintos puntos da provincia.
20250208 Folión no Tameirón, A Gudiña
Sete folións atronarán as rúas do Tameirón nunha xuntanza que cumpre 22 anos.

 

Comentarios