domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Festival Al-Majisti na Veiga

28/3/25 a 30/3/25
Centro Astronómico de Trevinca
20250328 Festival Al-Majisti

Segunda edición do festival Al-Majisti na Veiga cunha interesante proposta: unha viaxe dende Trevinca ao Fin do Mundo polo camiño das estrelas.

Este ano adiantan a súa celebración para facelo coincidir co eclipse solar parcial que haberá o sábado 29 de marzo e ofrecer a posibilidade de observalo coas explicacións de Óscar Blanco, director do Centro Astronómico de Trevinca.

Al–Majisti, un encontro de acceso libre con conferencias, documentais, observacións astronómicas e presentacións literarias que terá lugar do 28 ao 30 de marzo.

20250328 II Festival Al-Majisti A Veiga, programa
Programa do II Festival Al-Majisti.

As actividades son gratuítas e desenvolveranse no Centro Astronómico de Trevinca, sendo necesario inscribirse con anterioridade.

Comentarios