Evento
AXENDA | "A un paso dos dez", concerto de Nadal da Banda de Gaitas Nova Era
Máis dunha trintena de músicos subirán ao escenario para ofrecerlle ao público un repertorio que combina ritmos tradicionais galegos, melodías doutros países e versións de temas pop e de autor no tradicional concerto de nadal da Banda de Gaitas Nova Era. Este ano, baixo o título "A un paso dos dez", a agrupación ofrecerá unha tarde única que servirá como adianto das celebracións polo seu décimo aniversario.
Esta mestura de tradición e modernidade é o sinal de identidade da Banda de Gaitas Nova Era que, ao longo de case unha década, soubo reinventar a música de raíz para conquistar novos formatos, públicos e escenarios.
O concerto terá lugar mañá, sábado 28 de decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio Municipal de Verín. As entradas están dispoñibles en ataquilla.com.


