lunes. 20.07.2026

Evento

AXENDA | Cualedro recupera a "Xuntanza dos Nosos Maiores"

10/5/25
11:00
CEIP Vicente Risco, Cualedro

A Xuntanza dos Nosos Maiores volverá celebrarse en Cualedro tras cinco anos de parón; será a décimo terceira edición dunha festa que busca honrar ás persoas maiores do municipio. Luciano Rivero, alcalde de Cualedro, subliñaba a "inmensa alegría de anunciar a recuperación" dunha festa na que sempre participaron moitos veciños, un encontro que é "unha oportunidade marabillosa para compartir risas, historias e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade".

Non é a única corporación municipal que decidiu revivir estas festas tan tradicionais noutros tempos; o pasado primeiro de maio tiña lugar a xuntanza de maiores de Monterrei tras 6 anos sen celebrala.

Actividades e horarios

A XIII Xuntanza dos Nosos Maiores será o sábado, 10 de maio, nunha xornada que arrancará cun pasarrúas para recibir aos asistentes e encamiñalos á misa que se celebrará ás 13 horas. Tras os actos relixiosos terá lugar o xantar, amenizado coas actuacións das pandereteiras de Montes e da Xironda, o Grupo de Gaitas do Concello de Cualedro e a disco móbil Jorge. Un xantar que terá lugar nas instalacións do colexio Vicente Risco.

Para asistir á XIII Xuntanza dos Nosos Maiores, é necesario anotarse no propio Concello de Cualedro, ou ben a través do teléfono: 988 424 004.

20250510 XIII Xuntanza de maiores, Cualedro, logo de 5 anos
Logo de 5 anos, Cualedro volve celebrar a "Xuntanza dos nosos maiores".

 

Comentarios