martes. 30.04.2024

Evento

Concerto dos Verto, os artistas de moda en galego

7/9/21 a 7/9/21
22:30 a 23:30
Auditorio Municipal de Verín
Berto e Fer, os dous compoñentes do dúo musical Verto, actuación que acolle o Auditorio o vindeiro día 7 de setembro, no seo do FIC Vía XIV de Verín.
Os dous compoñentes de Verto, actuación que acolle o Auditorio o vindeiro día 7 de setembro, no seo do FIC Vía XIV de Verín.

O vindeiro martes, 7 de setembro, o dúo de pop moderno Verto actuará en Verín dentro da programación do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV. A actuación terá lugar nas instalacións exteriores do Auditorio de Verín a partir das 22.30 horas, cun estrito protocolo que garanta a seguridades do público e será preciso adquirir entrada previa, xa dispoñible en liña.

 

Coñecendo a Verto

Estes dous rapaces, "máis ou menos" de Santiago, fan, maioritariamente, música pop. Teñen influencias do trap e do R&R máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80. Veñen de estrear “Embora”, un LP de 14 cancións nas cales fan gala da súa capacidade para crear himnos do pop electrónico para toda unha xeración de rapaces. Unha xeración que se acumula nunha media de 53.000 oíntes mensuais en Spotify e que esgota entradas en cuestión de horas.

 

Emilia Somoza, concelleira de Cultura do Concello de Verín, destacou “a ilusión de poder escoitar en directo a un grupo referencia para a mocidade do país na nosa propia vila. Levabamos tempo intentando contar con eles e por fin poderemos gozar do seu “pop moderno con autotune”.

 

No seo do FIC

Este ano, o FIC Vía XIV contará con animacións musicais case diarias, ampliando así o espectro da súa programación. Ademais, contará cunha zona de gastronomía con foodtruck. "Cine,  música, fotografía, gastronomía... O FIC Vía XIV naceu para achegar cultura a Verín. A semana do festival, do 4 ao 12 de setembro, queremos que sexan datas de abrir mentes, descubrir novos artistas e convivir de maneira orgánica entre ramas e estilos sen prexuizos”, engade.

Comentarios