Evento
AXENDA | Concerto da Orquestra de Sopros de Chaves en Verín
22/07/22
a
22/07/22
20:30
a
22:00
Auditorio de Verín

12:13 do 18 de xullo de 2022
O Auditorio de Verín acollerá o próximo venres 22 de xullo o concerto da orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves. A actuación comezará ás 20:30 horas e pricísase dunha entrada que se pode conseguir ata o xoves na Sala de Exposicións Casa da Cultura do Concello en horario de 18:00 a 21:00 horas.
Esta orquestra fundouse no 2008 e comezou a consolidarse como un grupo de referencia dentro da Academia de Artes de Chaves e de toda a súa rexión. Na súa traxectoria conta con numerosas actuacións nivel internacional e tamén cunha decena de premios como poder ser os obtidos no CIM Vila de Altea, no CIB Filarmonia d’Ouro e na Mostra Musical do Eixo Atlántico.