domingo. 05.05.2024

Evento

AXENDA | Vasoiras de terror no cole de Laza para celebrar o Samaín

31/10/23
10:00
CEIP O Castiñeiro, Laza.
2023 10 31  samaín laza cole

A noite de ánimas celebrarase ó longo do día nas rúas de Laza cando terroríficos espantallos anden na procura de vítimas ás que asustar.

O CEIP O Castiñeiro organiza unha xornada de medo para o seu alumnado durante o vindeiro martes, 31 de outubro, para celebrar o festexo celta do Samaín. Dende as 10:00 horas, a cativada poderá divertirse percorrendo as rúas da localidade cos seus disfraces.

Iste ano, o colexio acollerá unha exposición de "vasoiras do terror" realizadas polos alumnos e alumnas matriculados en Laza.

Comentarios