jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Serán da Pousa, xornada en comunidade na beira do Támega

2/9/23
Lagoa da Pousa, Monterrei.
2 setembro, serán na pousa02

Este ano celébrase a terceira edición do Serán da Pousa cunha chea de actividades para todos os gustos. A lagoa da Pousa será o punto de reunión para a veciñanza nunha xornada interxeracional que busca recuperar as tradicionais xornadas campestres que unían as xentes para gozar da música, do bo xantar e facer comunidade.

Esta é a programación de actos que haberá o sábado, 2 de setembro:

  • 12:30h: sesión vermú con música en directo
  • 14:00h: picnic compartido
  • 17:30h: A Pousa free tour
  • 19:30h: música ao vivo con Candaira, Nova Era, Os Chavalines e Os trouleiros de Medeiros
  • 21:30h: gran cea popular
  • 23:00h: foliada popular
  • 00:00h: guateque

Máis información: III Serán da Pousa