sábado. 04.05.2024

Evento

AXENDA | Venres de folión, comezan os festexos do Entroido de Laza

19/1/24
23:00
Saída dende o fondo da Cerdeiriña, Laza.
EntroidoLaza2023 - 1 folión (15)
O Trebón do Mildeu animando o folión do pasado ano.

Laza arranca mañá o seu Entroido co primeiro folión pequeno. A partir das 23:00 horas, bombos, chocas, fachóns e unha multitude de disfraces, chapeus e perrucas percorrerán as rúas para iniciar os festexos na honra de Don Carnal.

Sairán do fondo da Cerdeiriña, punto de encontro para comezar un desfile que irá ata Cimadevila tras pasar pola praza da Picota, A Rúa e Souteliño.