domingo. 05.05.2024

Evento

AXENDA | Oímbra recrea o prensado tradicional da uva nos lagares rupestres

24/9/23
12:00
Lagar de Xan Preto, Oímbra.
O lagar de Xan Petro volverá a recrear as vellas tradicións da vendima.
O lagar de Xan Preto volverá recrear as vellas tradicións da vendima.

Un ano máis, o Concello de Oímbra organiza unha xornada para recrear unha das tarefas máis tradicionais na vendima: o pisado das uvas. Sendo como é o territorio galego con maior número de lagares rupestres, a festa do pisado realizarase no de Xan Preto para, con posterioridade, trasladar o mosto á Adega - Lagar As Barrocas, elemento patrimonial do século XVIII recuperado.

 

Oímbra conta con máis de 30 lagares rupestres inventariados e seguen aparecendo estruturas que subliñan a importancia da viticultura nestas terras dende hai máis de 2000 anos. Motivo polo que dende o Concello se decidiu recuperar o prensado da uva nos lagares de pedra no 2018 organizando unha xornada para pór en valor ista tradición.

 

Este ano, a actividade celebrarase o vindeiro domingo 24 de setembro a partir das 12 horas. En palabras de Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra: "Unha experiencia única".