viernes. 26.04.2024

Evento

AXENDA | VibraVerín 2023, Obradoiro de Percusión Tradicional Galega

20/5/23
18:00 a 19:30
Alameda de Verín.
VibraVerín2023_ObradoiroPercusiónGalega
O VibraVerín 2023 ofrecerá un obradoiro de percusión tradicional galega aberto a toda a cidadanía.

Unha das novidades que ofrecerá o Festival provincial de Percusión VibraVerín niste ano é a organización do Obradoiro de Percusión Tradicional Galega, que terá lugar o sábado, 20 de maio, na Alameda de Verín.

Dende as 18 horas e ata as 19:30 horas, Álvaro Rúa e membros da Banda de Gaitas Nova Era impartirán este obradoiro musical co obxectivo de iniciar na percusión a todas as persoas que o desexan, teñan ou non coñecementos musicais.

De carácter gratuíto, para asistir ó Obradoiro de Percusión Tradicional Galega será necesario inscribirse con anterioridade. As inscricións deberanse realizar a través do mail do festival de percusión: [email protected].

Organizado polo Conservatorio de Música de Verín e a ANPA do CMUScoa colaboración do Concello de Verín, e coordinado por Pablo Paz, mestre do CMUS de Verín o pasado ano e do CMUS do Carballiño neste ano, o VibraVerín 2023 celebrarase do 19 ó 21 de maio.