miércoles. 15.05.2024

Evento

AXENDA | Novena á Virxe da Mercé

16/9/23 a 24/9/23
Igrexa da Merced, Verín.
novena merced procesión 2022
Saída da Virxe da Mercé na procesión do pasado ano. | FOTO: Convento da Mercé de Verín.

Ata o vindeiro domingo, día 24, celébrase en Verín a novena á Virxe da Mercé. Ista fin de semana terán lugar as tradicionais procesións e a solemne vixilia.

Dende o pasado sábado 16 de setembro, a igrexa da Mercé acolle a celebración de nove días na honra da súa virxe con eucaristías, rosario e novena que rematará o domingo.

O sábado haberá a xa tradicional peregrinación popular que percorre o camiño entre o asilo e a igrexa da Mercé. Dará comezo na residencia de anciáns a partir das 10:45 horas. Xa na medianoite celebrarase a misa da Descensión.

O domingo, día grande e festividade da Mercé, haberá misas ó longo da mañá para finalizar a novena coa Eucaristía e procesión da tarde, que comezará ás 20:00 horas.