viernes. 26.04.2024

Evento

AXENDA | O magosto fai parada por diversas localidades de Laza

30/10/22 a 26/11/22
14:00 a 23:00
Laza
Cartel dos magostos que celebrarán en Laza a partir deste domingo e no mes de novembro.
Cartel dos magostos que celebrarán en Laza a partir deste domingo e no mes de novembro.

Os magostos xa quentan motores en Laza, onde terá ata seis paradas en diferentes municipios do concello dende este domingo ata finais de novembro. Os primeiros en festexalo serán os veciños de Toro, que terán esta festa o día 30 a partir das 14:00 horas. A seguinte fin de semana, o 5 de novembro, tocará nas Eiras e en Retorta a partir das 20:30 e 21:00 horas, respectivamente.

 

O día de San Martiño, o 11 de novembro, os magosto celebrarase en Trez a partir das 20:00 horas, mentres que ó día seguinte tocará festa en Matamá dende as 21:00 horas. A fin de semana seguinte, a festa levarase a cabo en Laza, en concreto o día 19 ás 21:00 horas. A última parada dos magostos lazanos será en Souteliño o 26 de novembro a partir das 20:30 horas.

Comentarios