viernes. 26.04.2024

Evento

AXENDA | Unidos polo coidado e limpeza dos ríos

25/9/22 a 25/9/22
10:30 a 13:00
Casa do Concello de Verín
Cartel de Móllate polos ríos.
Cartel de Móllate polos ríos.

Esta fin de semana levarase a cabo a XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos, que terá lugar en diversos concellos de Galicia e no que participan máis de 60 entidades. A cita será o domingo e mobilizará a numerosos voluntarios que traballarán para deixar ós ríos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

 

En Verín, a limpeza está coordinada CDR Portas Abertas e o Concello de Verín. O punto de encontro será ás 10:30 horas xunto á casa do Concello, para logo desprazarse en coches á zona de limpeza. Nesta ocasión será un tramo do río Pequeno, o que vai dende Feces de Abaixo ata a desembocadura co río Támega.

 

Para participar é necesaria unha preinscrición na actividade a través do teléfono do CDR Portas Abertas 988 98 95 08. Os voluntarios recibirán unha camiseta como agasallo co lema da limpeza.

Comentarios