lunes. 06.05.2024

Evento

AXENDA | Libros frescos en Laza coa nova visita da Furgoteca

4/10/23 a 4/10/23
12:00 a 15:00
Praza do Concello, Laza.
furgoteca xeral

A Furgoteca volve mañá, mércores 4 de outubro, visitar Laza. A partir das 12:00 e ata as 15:00 horas, a biblioteca móbil da Xunta de Galicia estará na praza do Concello para ofrecer á veciñanza o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe no seu lugar de residencia.

Así, pódese acceder a préstamos de libros, revistas e outros materiais e recibir asesoramento e recomendacións de lectura, xestionar carnés de usuarios, formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital.

O vindeiro 18 de outubro, volverá as terras lazás para percorrer distintos localidades.