lunes. 06.05.2024

Evento

AXENDA | A furgoteca fai parada en Laza

6/9/23
11:15 a 15:00
Praza do Concello, Laza.
furgoteca

A biblioteca móbil da Xunta de Galicia visitará mañá, mércores 6 de setembro, o Concello de Laza. A furgoteca fará unha longa parada na Praza do Concello ó longo da mañá cun horario de 11:15 a 15 horas.

Préstamo de libros, cómics, xogos, música, cinema e a posibilidade de sacar o carné de usuario da Rede de Bibliotecas de Galicia son algúns dos servizos que ofrece a furgoteca.

O proxecto da Furgoteca naceu co obxectivo de cubrir a necesidade cultural nas localidades que non contan cunha biblioteca física, outorgando un espazo aberto a toda a veciñanza para facilitarlles o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe.

Así, pódese acceder a préstamos de libros, revistas e outros materiais e recibir asesoramento e recomendacións de lecturaxestionar carnés de usuarios, formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e organización de actividades culturais, como obradoiros, clubs de lectura ou contacontos, entre outros.