domingo. 05.05.2024

Evento

AXENDA | Entroido 2024 A Gudiña

28/1/24 a 10/2/24
A Gudiña.
20240128 entrudo a gudiña

A asociación Os Torgueiros leva anos traballando para recuperar a tradición do Entrudio na Gudiña. Non son os únicos, é un esforzo colaborativo no que participan: Os Torgueiros, Asociación Mulleres Rurais Xestas e Toxos, Asociación Tarabustio de Pentes, Concello da Gudiña, ANPA Laureano Prieto, Folión de Carracedo e Folión do Tameirón.

O pasado 28 de xaneiro arrancaban co Obradoiro de comadres e compadres, tempo no que se elaborou a figura tradicional dos festexos na honra de Don Carnal nestas terras, o Entrudio. Pero na Gudiña teñen preparadas unhas cantas actividades máis para celebrar o Entruido 2024.

Xoves de Comadres, 8 de febreiro

Cea de Comadres organizada pola asociación Mulleres Rurais Xestas e Toxos no restaurante Suízo.

Sábado de Entrudio, 10 de febreiro

Pasarrúas con carrozas, fulións e disfraces para formar un desfile que rematará na praza para dar inicio á festa, con fariña e música para seguir a troula. A Queima do Entrudio precederá ao baile fin de festa que terá lugar no Relojero.

Martes de Entrudio, 13 de febreiro

Queima do Entrudio e celebración do Entrudio de Pentes.