Evento
AXENDA | Cristina Pato presenta a súa primeira novela
09/06/22
a
09/06/22
19:00
a
19:30
Rúa do Paseo. Ourense

11:21 do 9 de xuño de 2022
Cristina presenta este xoves "No día do seu enterro" dentro da Feira do Libro de Ourense nun acto aberto ao público que terá lugar ás 19:00 horas, na Rúa do Paseo. A autora estará acompañada por Victor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.
Cristina Pato debuta como novelista con "No día do seu enterro", publicada pola Editorial Galaxia na súa Colección Literaria (2022). Unha obra sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia.