Evento
AXENDA | Concerto de agrupacións corais na Gudiña este sábado
9/7/22
a
9/7/22
20:00
a
22:30
Igrexa de San Pedro da Gudiña
8 de julio de 2022, 10:49
Décimo segunda edición do Concerto de Corais da Gudiña, que pechará, como non podería ser doutro xeito, a agrupación anfitriona, a Coral Beato Sebastián Aparicio.
Este sábado, na Igrexa de San Pedro, estarán tamén convidadas a Coral Polifónica Agarimo, de Torneiros (Porriño) e a Coral Polifónica Eumesa, de Pontedeume.
O concerto arranca ás 20:00 horas. A agrupación local estará dirixida polo mestre Miguel Ángel Guerra, quen leva xa 12 anos na dirección do grupo coral da localidade.