Evento
AXENDA | Desconcerto abre o curso no CMUS de Verín
26/09/22
a
26/09/22
20:00
a
21:30
Auditorio de Verín

17:17 do 21 de setembro de 2022
O Conservatorio de Música de Verín abrirá o curso 2022-23 coa actuación de Desconcerto o vindeiro luns ás 20:00 horas, unha actividade que impulsa a ANPA do CMUS. O acto terá lugar no Auditorio servirá para darlle a benvida a toda a súa comunidade educativa e tamén para presentar ó profesorado deste ano. Desconcerto é un espectáculo sobre a música culta de Culturactiva Produccións, posto en escena por Félix Rodríguez de Fran Rei. Ao acto están invitados os organismos públicos e privados que colaboran dalgún xeito co CMUS.