Evento
AXENDA | Cinema de Verín: un drama familiar e animación infantil nista fin de semana

Ó longo da fin de semana, no Cinema de Verín proxectaranse dúas películas. "El asombroso Mauricio", filme de animación infantil que repite sesións, e "La ballena", un drama familiar con Brendan Fraser coma protagonista.
El asombroso Mauricio
Maurice, un gato da rúa, ten o timo perfecto para gañar diñeiro. Atopa un neno que toca a flauta e faise amigo do seu grupo de ratas faladeiras; diste xeito, non as ve coma se fosen comida. Cando Maurice e os roedores chegan á vila de Bad Blintz, atoparán a Malicia. O seu timo perfecto non vai chegar a bo porto por mor do que van atopar nun soto. Que lles pasará?.
Película recomendada para todos os públicos.
Horarios:
- Sábado, 11 de febreiro, ás 17h,
- Domingo, 12 de febreiro, ás 17h.
La ballena
Un solitario mestre de inglés con obesidade severa (Brendan Fraser) tenta reconectar coa súa filla adolescente nunha última oportunidade de redención. Drama familiar que ofrece un relato incómodo sobre a soidade, a obesidade e maila autodestrución emocional. Nominada a mellor actriz, actriz secundaria e maquillaxe e perruquería nos Premios Oscar 2022.
Horarios
- Venres, 10 de febreiro, ás 20:30h.
- Sábado, 11 de febreiro, ás 19:30h e ás 22 horas.
- Domingo, 12 de febreiro, ás 19:30h e ás 22 horas.