Evento
AXENDA | Chega Mario Bros ó Cinema Municipal de Verín
Esta fin de semana o Cinema Municipal de Verín dedicará as súas proxeccións á cativada da bisbarra. Tres días, 21, 22 e 23 de abril, nos que se poderá ver o filme "Super Mario Bros: la película" no Salón de Actos da Casa da Cultura da vila.
Unha coprodución Xapón-Estados Unidos que leva á pantalla ó protagonista dun dos videoxogos máis exitosos da historia. Animación infantil que atraerá a moitos dos hoxe adultos que fixeron migas co videoxogo de arcade creado por Shigeru Miyamoto e desenvolvido por Nintendo no ano 1983.
"Super Mario Bros: la película" relata a aventura dos fontaneiros de Brooklyn que, cando están a traballar nunha avería subterránea, viaxan ata un mundo máxico. Os irmaos Mario e Luigi sepáranse e Mario deberá emprender unha épica misión para atopar a Luigi.
Horarios sesións:
- Venres, 21 de abril: 20:30 horas.
- Sábado, 22 de abril: 17:00, 19:30 e 22:00 horas.
- Domingo, 23 de abril: 17:00, 19:30 e 22:00 horas.
Entradas dispoñibles na taquilla 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura.