Evento
AXENDA | Homenaxe na Gudiña a Asunción Casado, a "Pasionaria" galega fusilada no 36
20/08/22
a
20/08/22
18:00
a
21:00
Casa da Viúva da Gudiña

12:06 do 20 de agosto de 2022
Este sábado 20 de agosto a asociación Os Torgueiros, da Gudiña, organiza unha homenaxe a Anunciación Casado Atanes, asasinada en 1936.
A homenaxe constará de varios actos: ás 18:30 horas irase ás Revendeitas, á altura do km 7 da estrada A Gudiña - Viana, lugar onde foi asasinada. Acto seguido irase ao cemiterio do Castro, onde foi soterrada. O punto de encontro está fixado no pavillón de deportes da Gudiña ás 18:00 horas.
Ás 19:30 horas terá lugar o acto principal, unha charla na Casa da Viúva, na Gudiña, onde participarán Lola Varela, David Simón e Dionísio Pereira.